Contos con xeito: Todos os nosos contos en galego
A colección completa de ING Edicions en galego, reunida nun único pack con envío gratuíto.
Preparamos un pack especial con todos os nosos contos dispoñibles en galego, pensado para que as familias poidan gozar das nosas historias na súa lingua desde os primeiros anos.
Inclúe:
Os tomates de Mila
Unha historia inspiradora para que os máis cativos descubran o amor pola natureza e valores como o saber esperar, o esforzo e a cooperación.
O ovo do sol
Unha pequena fada que vive nun frondoso bosque do norte descobre algo extraordinario: un ovo do sol. Como chegou ata alí? Conseguirá devolvelo ao seu niño?
Ti tamén podes
Un conto que nos amosa que é posible construír un mundo mellor e que anima aos nenos e nenas a pasar á acción con pequenos xestos cheos de sentido.
Un ano ao redor do gran carballo
Un libro cheo de beleza co que Gerda Muller acompáñanos a descubrir os cambios das catro estacións e a riqueza da natureza que nos rodea.
A Clara e o ciclo da la
Acompaña a Clara nunha viaxe fascinante para descubrir como a la percorre todo un camiño, desde a ovella ata converterse nunha peza de roupa. Un conto que achega aos nenos ao valor dos oficios artesáns, aos procesos da natureza e á importancia de saber de onde veñen as cousas que utilizamos cada día.
Envío gratuíto dentro da península.
